Hai aplicacións que non son de fonte libre, que podemos necesitar, e que funcionan en linux

Skype última versión (beta) antes de nada hai que instalar as bibliotecas libqt4-core e libqt4-gui xa que sen elas non pode instalar o Skype. As instalamos na consola con apt-get ou aptitude ou se queremos en modo gráfico, con o xestor de paquetes Synaptic. E logo xa podemos instalar o paquete que baixamos da páxina do skype, con:
usuario@meuPC:~$ sudo dpkg -i skype-1.4.0.74.deb (esto se o noso Linux e baseado en Debian, nas oitras distros temos que escoller o paquete apropiado)

Repositorio Skype o engadimos na nosa sources.list, tal como ven explicado na páxina do Skype

Pando Downloader e Pando Converter Xa se pode usar de novo Pando en Linux. Desde que lanzaron a última versión de Pando Downloader para Linux (en marzo de 2007) non volveron a actualizar o cliente, ocorrendo xusto o contrario en versións para Windows e Mac. Os pandos creados con devanditas versións deixaron de poder usarse en Linux.

En lopst.com crearon unha utilidade que se encarga de converter os ficheiros pando de versións novas para así podelos usar no cliente que hai en Linux: Pando Converter

Este programa ademais de converter os teus ficheiros pando para usarse en Linux, permite configurar a velocidade de subida así como o porto de descarga.

Ultradefrag para windows. Ferramente de código libre que defragmenta windows a gran velocidade. Alternativa ao defrag de windows.

Zattoo. Porgrama multiplataforma para ver TV no PC. Todas as canles estatais, moitas autonómicas e algunhas de outros paises, aumentando rápidamente.